Centro social

Dende uns anos atrás na parroquia de San Cristovo das Viñas véñense ofertando actividades socioculturais para todo aquel que se queira achegar. A raíz disto temos moitas horas os locais parroquiais ocupados por persoas de todas as idades que enchen de vida a nosa parroquia.

E podemos preguntarnos: Que é o que fixo que esta iniciativa existise e ademais funcionase? Pois ben, podemos resumir as características nun só carácter, a letra “C”. A nosa identidade escríbese con C:

  •  Con C de Centro Social, unha das formas máis sinxelas para definir o que está a suceder nesta parroquia é coa propia forma de denominar o que facemos, porque indícanos que é un punto de encontro para a xente do noso arredor.
  • Con C de San Cristovo, porque contamos cunha xente de bandeira, xente que se crece nos malos momentos e desfruta dos bos.
  •  Con C de Cristiáns. Porque este é a liña que levamos, a do amor cristián, a de namorar e deixarse namorar polos demais, sen pedir nada a cambio. Porque fanse as cousas con dende o Corazón é o Cariño.
  • Con C de Comunidade. Esta iniciativa é da Comunidade e para a Comunidade. Tanto os voluntarios coma os usuarios séntense irmáns, e así o demostran facendo unha piña e aportando o que poden a este humilde Centro Social.

Así dende que se fundou lévanse a cabo moitas actividades que impartidas por voluntarios fegreses que fan que ser cristián pague a pena.

Este ano estanse a ofertar:

  • Obradoiro da Memoria (dirixido a terceira idade) -> Xoves, de 17:00h a 18:30h.
  • Obradoiro de Manualidades -> Martes e Mércores, de 16:00h a 18:00h.
  • Obradoiro de iniciación ao Inglés -> Venres, de 17:00h a 18:30h.
  • Ximnasia terapéutica e danzas do mundo -> 17:00h a 18:00h.

O lugar? Os Locais Parroquiais San Cristovo das Viñas.

Abel Caballero Campos

Powered by moviekillers.com