Historia San Luis Gonzaga

resized_DSC_0066

O barrio dos Mallos crece e crecen as necesidades dunha atención RELIXIOSA MÁIS PRÓXIMA E PERSONALIZADA para os seseus habitantes, que a Igrexa está disposta a brindar. En decembro do ano 1976 foi nomeado párroco da nosa parroquia D. Xosé Del Río Senra, poñéndose en marcha o 1 de xaneiro do 1977.
Os principios foron nun baixo da rúa Baldaio. Alí comenzaron as primeiras xuntanzas de fieis co que iso conleva: CELEBRACIÓN DA EUCARISTÍA E SACRAMENTOS. Fórmase o primeiro grupo de catequese. A afluencia era cada vez maior e o pobo estaba disposto a formar A FAMILIA DE FILLOS DE DEUS. Necesitábase un espazo maior para desenvolver as necesidades espirituais e sociais. Había que avanzar cos tempos e o xoven párroco estaba pola labor, sempre contando coa xente e apoiado pola mesma.

O solar no que está ubicada a nosa igrexa co seu complexo parroquial foi cedido pola familia GÓMEZ GONZÁLEZ. Inagúrase o 21 de xuño do 1980, o día do noso patrono San Luis, presidindo a Eucaristía Mnsr. Suquía. A tarefa non era doada, pero coa ilusión e a entrega de todos foise levando a cabo. Prioridade do crego eran os xóvenes e nenos (son o futuro de toda sociedade) sen esquecerse dos nosos maiores, cunhas atencións sempre ben merecidas (eles son transmisores de moitos dos nosos valores).

Botábase a man no que fixera falta, dende varrer o chan ata adornar a igrexa; así coma persoas preparadas no aspecto da transmisión da fe estaban dispostas a enriquezernos nese aspecto. Todo con xenerosidade. Na parte da formación cristiá: Catequese para nenos e xovenes, reunión cos país dos rapaces que ían recibir os sacramentos (bautismo, primeira comuñon e confirmación), formación de catequistas.

A misa dominical dos nenos amenizada polo coro dos xóvenes, cos nenos e catequistas, facían que todos participásemos con alegría dunha CELEBRACIÓN EUCARÍSTICA VIVA. As actividades nos centros sociais da parroquia: Terceira idade, infancia, xuventude biblioteca, sala de xogos, salón de actos, onde temos botado unas boas risas cos festivais, obras de teatro… cos que nos teñen deleitado os nosos nenos, país e xóvenes, sempre contando co apoio dos seus catequistas. Cando tocaba preparar as celebracións relixiosas o apoio de xoves e nenos era mutuo. Sempre coa mensaxe evanxelizadora de XESÚS.

Celebráronse varias semanas da familia, da xuventude, escola de pais. Sempre houbo e hai sitio para todos e todos necesarios: Consello parroquial, Cáritas, Catequese de adultos, Coro parroquial, Cursos de alfabetización, Excursións, Peregrinacións, Grupo ARA, Vida ascendente, Adoración nocturna, restauración e pintura, Taller de costura, Taller de bolillos, Informática…

Ao longo da vida da nosa parroquia tivemos a sorte de ter sacerdotes colaboradores que nos apoiaban na labor parroquial e todos deixaron a súa pegada en nós. Coa xubilación de D. Xosé por mor da súa saúde tivemos como párroco a D. Alfonso Lafuente Rego que por motivos de saúde tamén tivo que deixar a parroquia. Mentres non era nomeado o novo párroco D. Manuel, pasaron por aquí D. Ramón, D. Agustín, D. Alejandro, entre outros sacerdotes que nos viñeron botar unha man.

Comenza unha nova etapa na NOSA PARROQUIA, tócanos compartir sacerdote coa parroquia veciña de San Cristóbal Das Viñas, ¡qué ben! Sempre poderemos axudarnos e compartir non só sacerdote, senón ademáis as nosas vivencias pastorais e humanas. O noso novo párroco, xunto con Óscar, o diácono, están a poñer todo o seu empeño e forzas para que a parroquia de San Luis Gonzaga, A NOSA PARROQUIA, siga a ser unha parroquia VIVA na que todos temos o noso espazo.

Cómpre agora que nós os fieis respostemos a chamada de XESÚS:

“ONDE DOUS OU MÁIS ESTEADES REUNIDOS NO MEU NOME,     ALÍ ESTOU EU”

Por  Charin López Tato

Powered by moviekillers.com